Lavamos e cortamos os tomates en toros e poñémolos nunha bandexa de forno coa cabeza de allo picada. Deixamos enfornar a 200ºC durante 30 minutos. Retiramos e reservamos.
Pelamos as améndoas naturais e reservamos 2 ó 3 que picaremos despois a modo de decoración.
Nun vaso de batedora trituramos a mestura dos tomates coas améndoas, o perexil, 5 culleradas de aceite, 2 de vinagre, sal e pementa.
Nunha tixola, poñemos a dourar a castañeta por todos lados. E cando estea lista, servimos.
Empratamos poñendo primeiro a salsa de améndoas, encima o peixe e acompañado unhas améndoas picadas.