Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Desperdicio alimentario

A empresa Froiz participa, desde a súa creación, no plan nacional de AECOC contra o Desperdicio alimentario #AlimentaciónSinDesperdicio.

Este programa busca reducir o desperdicio de alimentos en toda a cadea alimentaria, desde o fabricante e/o produtor, pasando polas cadeas de distribución e terminando co consumidor no seu fogar.

Consciente diso, desde Froiz implementamos varias medidas:

Venda de produtos frescos de quilómetro cero ao dispor do cliente en tan só 24-48 horas.

● Optimizouse a xestión de pedidos a nivel informático para adecualos á demanda, e así evitar excedentes innecesarios en tenda.


● Ademais, articuláronse medidas internas en todos os establecementos Froiz para evitar as caducidades. Aqueles produtos cuxa data de caducidade está próxima, e que son aptos para o consumo, son promocionados.

Conservación dos alimentos. É primordial manter, en todo momento, a cadea de frío positivo e negativo para que os produtos cheguen ao cliente nun estado óptimo de frescura e conservación

Venda de produtos por unidades, o que facilita que o cliente merque a cantidade que realmente necesita (3 toros, 2 filetes, 1 limón…), distintos formatos e unha política comercial con descontos directos por unidade de produto, sen necesidade de adquirir máis unidades.


Doazón alimentos

Doazón de alimentos, aptos para o seu consumo pero non para a venda, a entidades sociais como Banco de Alimentos, Cáritas, Cruz Vermella ou comedores sociais, entre outras. Son produtos que se retiran dos lineais porque se aproxima a data de caducidade ou porque o seu envase presenta algunha deficiencia, estilo abolladura ou rotura. Se durante a fabricación dun lote de marca Froiz ocorrese algún destes supostos, o fabricante procederá tamén á súa doazón.

Xestión de SANDACH e valorización de residuos orgánicos

Xestionamos os subproductos de orixe animal non destinados a consumo humano (SANDACH) desde o momento en que se xeran nas nosas seccións de fresco ata a súa valorización, onde son transformados en pensos para alimentación animal en plantas autorizadas. Todo este proceso está regulado para garantir que non se xeren riscos para a saúde humana, a sanidade animal ou o medio ambiente e especialmente para garantir a seguridade da cadea alimentaria humana e animal.

Tamén facemos compostaxe de materia orgánica, tanto en centros como en plataformas, depositando estes residuos en contedores habilitados para a obtención de compost e dixerido de máxima calidade para o seu uso nos chans.

Subscríbete as nosas novidades e ofertas