Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

O NOSO EQUIPO

Capital humano

Un dos principais activos da empresa é o capital humano formado na actualidade por algo máis de 6.400 profesionais da alimentación que traballan diariamente para ofrecer un bo servizo e atención.

Un traballo conxunto e especializado de todo o equipo humano Froiz que require dunha boa xestión interna, planificación de tarefas, optimización de recursos, xestión de procesos e cultura empresarial de servizo e atención.

Ademais, foméntase o desenvolvemento profesional, a estabilidade, a mellora continua, a conciliación e a igualdade.

Contamos cun (Plan de Igualdade,) promoción interna, un plan de formación anual e condicións superiores ao convenio colectivo do sector alimentación.

Cifras

0

Profesionais

0 %

Contrato fixo

0 %

Promoción interna

0 anos

Idade media

Formación especializada

No ano 2022 investíronse na formación do persoal de España e Portugal un total de 25.435 horas. Traballamos para fomentar o desenvolvemento de negocio cun equipo motivado e comprometido coa cultura empresarial Froiz e, por suposto, cunha clara vocación cara á calidade, o servizo e a atención ao cliente.

As temáticas das accións formativas foron: seguridade e saúde, prevención de riscos laborais, manipulación de alimentos, primeiros auxilios, xestión do punto de venda, cadea de frío positiva e negativa, servizo e atención ao cliente, perecedoiros e merchandising.

Igualdade e non discriminación

IGUALDADE E NON DISCRIMINACIÓN

Rexemos todas as nosas actuacións en materia de relacións laborais baixo principios de igualdade e non discriminación. Non admitíndose discriminacións por razóns de sexo, estado civil, idade, raza, etnia ou nación, condición social, ideas relixiosas ou crenzas, ideas políticas ou orientación sexual.

PLAN DE IGUALDADE

Contamos cun plan de igualdade cuxo obxectivo é respectar a igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres para avanzar na consecución da igualdade real na empresa e, en extensión, na sociedade. Aplicamos o plan de igualdade en todos e cada un dos ámbitos no que se desenvolve a nosa actividade.

Formación FP Dual

Froiz colabora coa Formación Profesional Dual no grao de Comercialización de produtos alimenticios con períodos de prácticas reais en distintos centros. O obxectivo é que os alumnos aprendan e coñezan directamente o sector no que van traballar. As persoas participantes ao finalizar o período formativo obteñen o título oficial de Técnico en comercialización de produtos alimenticios.

Subscríbete as nosas novidades e ofertas