Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Benestar animal

O 100% da carne fresca de polo, coello e pavo que comercializamos ten a cerficación Welfair de Benestar Animal.

O 100% da carne fresca de polo, coello e pavo que comercializa Froiz nas súas carnicerías de venda asisda conta coa Cerficación Welfair de Benestar Animal. No caso do vacún, é carne tamén cerficada con Benestar Animal e a IGP 100% Tenreira Galega.

Esta cerficación está baseada nos protocolos europeos Welfare Quality® e AWIN® , que achegan unha maior transparencia e información e garanten que estes produtos proveñen de animais criados en granxas sometidas a un seguimento de benestar animal que ten en conta catro principios básicos:

1. Unha boa alimentación

2. un bo estado de saúde

3. un aloxamento adecuado

4. un comportamento idóneo segundo as características de cada especie

Nos últimos anos o cliente demanda, cada vez máis, produtos elaborados baixo criterios éticos e de desenvolvemento sostible. Con este selo de Benestar Animal Welfair garántense que as condicións nas que viven os animais de granxa son óptimas para unha vida sen sufrimento nin estrés. A concesión deste selo se realiza aos diversos produtos certificados, non ao establecemento que os comercializa.

Neste sentido, en todos os centros Froiz o cliente ten á súa disposición unha ampla variedade en produtos de marcas líderes certificados e tamén de marca Froiz. Destacan os leites UHT da nosa marca que incorporan o selo de Benestar Animal, Welfair Quality, e os ovos de marca Froiz -que proceden de galiñas criadas no chan, libres de gaiolas- e de orixe nacional. Non vendemos ovos frescos de categoría 3 (engaioladas).

Ademais, os preembalados cárnicos de porco marca Froiz que elabora Coren (a maior cooperativa cárnica de España en avicultura, porcino e vacún) incorporan no packaging dous selos de Benestar Animal. Son o Welfair e o IAWS (“INTERPORC ANIMAL WELFARE SPAIN”) (Interprofesional do Porcino de capa branca).

Na sección de charcutería, tamén estamos a traballar por ter máis produtos con certificación Welfair tanto en libre servizo como ao corte. É o caso dos xamóns cocidos ao corte marca Froiz -que elabora o fabricante Grupo Tello Alimentación- que xa incorporan no packaging o selo de (Interporc Animal Wellfare Spain (IAWS). E tamén os loncheados e centro de xamón serrano de marca Froiz, envasados, e que elabora o grupo Coren.

Pesca sostible

En Froiz só vendemos peixe e marisco fresco procedente de provedores que garanten a sustentabilidade do medio e as boas prácticas en pesca extractiva e acuicultura. Dentro deste compromiso, garantimos:

● A rastrexabilidade do produto desde a captura ata a súa venda.

● Unha etiquetaxe completa cumprindo coa lexislación vixente, achegando
información clara e veraz.

● Garantimos o cumprimento legal en relación a tallas mínimas, paros
biolóxicos e vedas.

● Apoiamos a pesca de proximidade coa compra de peixe e marisco a
confrarías de pescadores locais.

● Apoiamos a mellora contínua en canto a métodos e artes de pesca.

Ademais, fomentamos o consumo de produtos de acuicultura sostible a través da comercialización de peixes co selo “Mares e Ríos de España”: douradas, robalizas, e corvinas. Un sello que solo pueden llevar los peces criados por empresas españolas en las aguas de mar abierto de nuestras costas y que garantiza la calidad durante todo el proceso productivo, que va desde el nacimiento de los pescados hasta su llegada a los puntos de venta.

Reciclado
Benestar animal e pesca sostible
Desperdicio alimentario
Envases sostibles
Instalacións eco-eficientes
Loxística

Subscríbete as nosas novidades e ofertas