Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Xeado de chocolate caseiro

Unha sobremesa rica e moi fácil de preparar que gusta a maiores e pequenos e pódese consumir durante todo o ano.

Xeado de chocolate caseiro

Unha sobremesa rica e moi fácil de preparar que gusta a maiores e pequenos e pódese consumir durante todo o ano.

Ingredientes

  • 250 ml. de leite
  • 250 ml. de nata
  • 25 gr. de cacao en po
  • 85 gr. de chocolate fondant
  • 100 gr. de azucre
  • 2 xemas de ovo
  • Sal

Elaboración

  1. Nun bol engadimos só as xemas e mesturámolas co azucre. Removemos ben e reservamos.
  2. Nun cazo a lume lento, poñemos o leite coa nata e o cacao en po. Removemos ben ata que se disolva. A continuación, relamos o chocolate fondant e batemos de novo outra vez. Engadimos un chisco de sal.
  3. A esa mestura do lume engadímoslle as xemas e removemos ben pero procurando que non ferva. Retiramos do lume e deixamos arrefriar a temperatura ambiente.
  4. Poñémolo nun recipiente plano e metálico, metémolo no conxelador durante tres horas.
  5. Cando estea xa callado, servimos.
  6. Collemos unha culler de xeado e facemos bólas. Decorámolas, por exemplo, con sirope de chocolate. Umm que rico

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas