Faremos o mariñado.Mesturamos o sal, o aneto, unha ralladura de limón e un bo chorro de zume de limón. Cubrimos o salmón con esta mestura e deixamos mariñar na neveira durante 45 minutos.
Cortamos a berenxena en dous anacos, un que sexa 1/3 do outro. O maior anaco reservarémolo para facer os chips e o outro o cortaremos á xuliana para facer a crema. Nunha tixola pochamos esa berenxena cun allo porro. Engadimos o caldo de verduras e deixamos cociñar uns 5 minutos. Retiramos do lume e trituramos todo xunto co queixo crema. Engadimos tamén a noz moscada. Reservamos.
Doutra banda, sacamos o salmón da neveira, retiramos a mariñada, e farémolo ao forno a 180ºC durante uns 6-8 minutos.
Para facer os chips, cortamos a berenxena en toros e fritímolas en abundante aceite de oliva, sempre ben quente. Retiramos e deixamos escorrer.
Servimos o salmón coa crema de berenxena de base e colocamos á beira os chips de berenxena.