Prepara uns deliciosos canelóns dunha maneira totalmente orixinal! 🤩 Sorprende a todos os teus comensais co ingrediente estrela deste prato: a berenxena 🍆.
Este versátil alimento, de suave sabor, marcará a diferenza na túa receita!

Prequentamos o forno a 200º. Pelamos e picamos o allo e a cebola. Faremos o mesmo co pemento e o perexil. Refogamos a cebola nunha cazola con aceite de oliva quente durante aproximadamente 3 minutos. Engadimos o pemento e o allo, e cociñaremos durante 5 minutos máis.
Agregamos a carne e o perexil e continuamos cociñando e removendo durante 10 minutos. Vertemos o tomate triturado Froiz e engadimos sal e pementa ao gusto. Cocemos durante 10 minutos.
Cortamos a berenxena en toros finos. Nunha tixola cunha cullerada de aceite de oliva, douramos os toros de berenxena durante uns par minutos por cada lado. Engadimos sal e reservamos.
Colocaremos os toros sobre unha superficie plana. Sobre eles, repartiremos a carne e enrolaremos. Colocarémolos sobre unha bandexa untada con aceite e cubrímolos coa salsa bechamel. Recubrimos con queixo e gratinamos os canelones durante 15 minutos.