É unha carne perfecta para preparar á prancha ou á grella.
Ingredientes
1 quilo de secreto ibérico
2 laranxas
1 limón
1 cebola
1 allo
1 cenoria
Aceite de oliva
Sal
Pementa
Fariña de millo
Elaboración
Cortamos o secreto en tiras, salpimentamos ao gusto e reservamos.
Preparamos a salsa. Nunha cazola poñemos un bo chorro de aceite de oliva e pochamos a cebola, o allo e a cenoria. Engadimos un pouco de sal.
A continuación engadímoslle un bo chorro de zume de laranxa e de limón. Coamos todo e engadímoslle 2 culleradas de fariña de millo. Removemos ben ata que a mestura quede cremosa.
A continuación preparamos o secreto. Nunha tixola con pouco aceite de oliva, marcamos a carne, volta e volta.
Servimos. A salsa poñémola de acompañamento nun cunco a parte.