Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad
Reproducir vídeo

Entrantes de Nadal con salmón, aguacate e lagostinos

Propoñémosvos tres entrantes distintos para estas festas do Nadal: rolos de salmón e queixo; culleres de aguacate e anchoas; e vasiños de lagostinos e mazás.

Entrantes de Nadal con salmón, aguacate e lagostinos

Reproducir vídeo
Propoñémosvos tres entrantes distintos para estas festas do Nadal: rolos de salmón e queixo; culleres de aguacate e anchoas; e vasiños de lagostinos e mazás.

Ingredientes

Rolos de salmón e queixo

Culleres de aguacate e anchoas

Vasiños de lagostinos e mazá

Elaboración

Rolos de salmón e queixo

  1. Poñemos cada anaco do salmón afumado e laminado encima dun filme. Untamos a parte superior do salmón co queixo crema cunha capa fina. Formamos un rolo co salmón, de maneira que o queixo quede no interior. Arrefriámolo no conxelador durante 30 minutos.
  2. Sacamos do conxelador, quitamos o filme e cortamos o rolo en 6 toros de 1 cm. aproximadamente. Colocamos cada toro sobre unha galleta cracker.

Culleres de aguacate e anchoas

  1. Lavamos e cortamos os tomates cherry en anaquiños moi pequenos. Pelamos e picamos o aguacate. Esprememos medio limón sobre o aguacate para que non se oxide e vólvase de cor marrón. Mesturamos ben o aguacate co tomate nun bol.
  2. Enchemos cada culler de aperitivo coa mestura de aguacate e tomate. Decoramos cada culler cunha anchoa enrolada.

Vasiños de lagostinos e mazá

  1. Picamos os lagostinos en anacos pequenos e reservamos 3 para decorar. Pelamos a mazá, quitamos o corazón e partimos tamén. Lavamos e picamos a leituga. Nun bol mesturamos a leituga coa mazá e os lagostinos. Imos engadindo aos poucos a salsa rosa e mesturando ata que teña a textura desexada.
  2. Servimos en 6 vasiños, coa metade de cada lagostino a modo de decoración na parte superior de cada vasiño.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas