Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Trenza de Pascua

Esta receita segue os mesmos pasos que a tradicional rosca de Pascua ou rosca de Reyes. É a mesma masa, diferente forma.

Trenza de Pascua

Esta receita segue os mesmos pasos que a tradicional rosca de Pascua ou rosca de Reyes. É a mesma masa, diferente forma.

Ingredientes

  • 3 ovos
  • 100g de azucre
  • licor de anís
  • 400g de manteiga
  • ralladura de limón e de laranxa
  • zume de laranxa
  • Sal
  • 65ml de leite enteiro
  • 25g de fermento
  • 500g de fariña
  • améndoas laminadas para decorar

Elaboración

  1. Nun bol, comezamos a mesturar os ovos co azucre, licor de anís (2 culleradas), as ralladuras de limón e laranxa, un chorro de zume de laranxa, manteiga e un pouco de sal.
  2. Noutro bol, poñemos ao lume, a quentar (sen queimar) o leite. Unha vez que estea tépeda, apagamos, e engadímola á mestura anterior, á cal incorporamos a fariña e o fermento.
  3. Sacamos a masa do bol e amasamos con forma de bóla. Despois deixámola repousar durante 4 horas.
  4. Cando a masa fermentase, a amasamos un pouco máis, e cortámola en 3 anacos alongados e facemos a forma de trenza. Pintamos a parte superior con ovo batido e un pincel. E engadimos como decoración as améndoas laminadas.
  5. Enfornamos durante 30 minutos a 180ºC.
  6. Sacamos do forno e deixamos que arrefríen ata de consumir.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas