Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad
Reproducir vídeo

Torta de aniversarios de amorodos con nata

Mostrámosvos como preparar esta torta tan clásica como rica.

Torta de aniversarios de amorodos con nata

Reproducir vídeo
Mostrámosvos como preparar esta torta tan clásica como rica.

Ingredientes

  • Para o biscoito:
  • 3 ovos
  • 1 yogurt natural
  • 1 sobre fermento
  • Manteiga
  • 160g de azucre
  • 170g de fariña de repostería
  • 125ml de aceite
  • Para o recheo e a decoración:
  • 500g de amorodos
  • 250g de nata para montar

Elaboración

  1. Mentres prequentamos o forno a 180ºC imos preparando a masa do biscoito. Mesturamos todos os ingredientes nun bol grande, empezando polos ovos, o iogur natural e o aceite de oliva. A continuación, engadimos o azucre e, por último, a fariña e o fermento. A manteiga só a utilizaremos para o molde, para evitar que o biscoito se pegue. Mesturamos e removemos ben a crema para evitar que queden grumos.
  2. Unha vez que engraxásemos o molde con manteiga, vertemos a masa do biscoito. Enfornámolo 30 minutos a 180ºC., con calor arriba e abaixo.
  3. Xa temos o biscoito listo. Deixaremos que se arrefríe un pouco antes de desmoldarlo. Despois cortarémolo pola metade.
  4. Nun bol montamos a nata co azucre.
  5. Cortamos o biscoito en dúas metades e colocamos a parte de abaixo do biscoito sobre a bandexa na que serviremos o pastel. A continuación, estendemos unha boa capa desa nata xa montada e colocamos encima os amorodos, que previamente lavariamos e cortariamos. Tapamos coa outra metade do biscoito.
  6. Preparamos a decoración. Cunha manga pasteleira decoramos o bordo e o centro coa nata montada. A continuación colocamos os amorodos… E xa temos esa torta de aniversarios listas para celebrar.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas