Facemos a masa do biscoito. Batemos os ovos ata que teñan unha textura espumosa. Agregamos o azucre, a fariña e o fermento tamizados e o aceite de xirasol. Seguimos batendo ata que a masa do biscoito estea homoxénea e sen grumos.
Relamos as tres cenorias e incorporámolas á mestura sen deixar de bater. Incorporamos a vainilla e a canela se decidimos que leve estas esencias.
Prequentamos o forno a 180ºC. Untamos un molde apto para forno con manteiga. Vertemos a mestura. Deixámola enfornar durante 30 minutos.
Para a cobertura. Mesturamos o queixo en crema coa manteiga Incorporamos o azucre glacé sen deixar de bater a mestura.
Cando o biscoito estea enfornado deixamos que se arrefríe. Cortámolo pola metade e enchémolo cunha fina capa da cobertura. Terminamos untando a mestura de queixo pola parte superior do biscoito e polos lados.