Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Sopa de polo con fideos

Unm…!!! quentiña, que ben senta este prato clásico da cociña tradicional. Fácil, sa e sobre todo, dun sabor intenso.

Sopa de polo con fideos

Unm…!!! quentiña, que ben senta este prato clásico da cociña tradicional. Fácil, sa e sobre todo, dun sabor intenso.

Ingredientes

  • 1 espinazo de polo
  • 2 traseiros de polo
  • 1 allo porro
  • 3 cenorias
  • 1 cebola grande
  • 2 ramas de perexil
  • 1 litro de auga
  • Sal
  • 250g de fideo cabelo

Elaboración

  1. Primeiro preparamos o caldo. Nunha pota grande vertemos o litro de auga e sal e deixamos ferver. A continuación, engadimos para cocer todo xunto o espinazo, as verduras (cenorias, allo porro e cebola cortadas) e os traseiros de polo. Deixamos cocer durante 30 minutos a lume baixo.
  2. Sacamos a carne e as verduras e coamos o caldo.
  3. Volvemos ferver e engadimos os fideos e un pouco de sal. Deixamos cocer e engadimos o perexil picado.
  4. Servimos ben quente.
  5. Pode ir soa ou ben acompañada das carnes e verduras que utilizamos para preparar o caldo. Tamén podemos engadir uns picatostes.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas