Vídeo receita. O mango da salsa achégalle frescura e un toque doce.
Ingredientes
1 mango maduro
2 filetes de salmón fresco
½ cebola
1 pemento vermello
1/2 vaso de viño branco
1 cullerada de mel
Aceite de oliva
sal
Elaboración
Sacamos a pulpa dun mango maduro.
Poñemos aceite de oliva nunha tixola, engadimos media cebola e un anaco de pemento vermello e un pouco de sal. Pochamos todo e vertemos medio vaso de viño branco. Deixamos ferver ata que se evapore o alcol.
Engadimos o mango e unha cullerada de mel. Cociñamos 5 minutos.
O trituramos e reservamos.
Facemos o salmón á prancha ao noso gusto.
Servimos cada filete de salmón coa salsa de mango.