Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Rosquillas de anís

Son unhas rosquillas fritas e esponjosas, moi típicas do Entroido galego, que ás veces tamén se preparan como prostre para Pascua.

Rosquillas de anís

Son unhas rosquillas fritas e esponjosas, moi típicas do Entroido galego, que ás veces tamén se preparan como prostre para Pascua.

Ingredientes

  • 1 quilo de fariña repostería
  • 4 ovos
  • 250g de manteiga
  • 120ml de nata líquida
  • 100ml de aceite de xirasol
  • 220ml de anís
  • Ralladura de limón e laranxa
  • Azucre
  • Azucre Froiz vainillado
  • sal

Elaboración

  1. Separamos as xemas das claras. Batemos as claras a piques de neve con dúas culleradas de azucre e logo engadimos as xemas. Mesturamos ben e reservamos. A continuación, batemos a manteiga derretida, a nata, un chorrito de anís, outro de aceite, as ralladuras de limón e laranxa e un chisco de sal.
  2. Mesturamos todo ben e engadimos o punto de neve ata que quede unha mestura esponjosa. Aos poucos imos engadindo a fariña e mesturamos, evitando os grumos.
  3. Retiramos a masa do bol e a amasamos un pouco ata convertela nunha bóla. Deixámola repousar un par de horas.
  4. Pasado este tempo, estirámola ben e cortámola en tiras que se unirán ata facer a forma da rosquilla. Cando fixésemos isto con todas, fritímolas.
  5. Nun tixola, poñemos abundante aceite de xirasol e subímolo inicialmente para que colla temperatura e logo baixámolo. Fritimos cada rosquilla. Cando estean douradas, retiramos.
  6. Deixámolas repousar encima dun papel absorbente para eliminar o exceso de aceite. Cando estean secas, espolvoreamos azucre Froiz vainillado ou azucre glacé.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas