Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Polo con améndoas estilo chinés

Queres probar unha receita de polo distinta Aquí traémoscha, ao estilo chinés, xa só che queda facela e chuparche os dedos…. ou os escarvadentes!

Polo con améndoas estilo chinés

Queres probar unha receita de polo distinta Aquí traémoscha, ao estilo chinés, xa só che queda facela e chuparche os dedos…. ou os escarvadentes!

Ingredientes

Elaboración

  1. Cortamos o polo en dados, poñémolos nun bol e engadimos a salsa de soia, o azucre e o xenxibre en po. Mesturamos todo ben, para que o polo se macere e aromatice. Tapamos o bol e introducimos na neveira, polo menos durante media hora.

  2. Mentres tanto nunha tixola con aceite salteamos as améndoas ata douralas. Cortamos a cebola e cenoria en tiras grosas, salteamos coas améndoas e engadimos un pouquiño de sal, deixamos que se fagan e gárdao.

  3. Cortamos a cabaciña e salteamos na tixola, ata que se doure lixeiramente. Gardamos xunto coa cebola , améndoas e cenoria.

  4. Sacamos o polo da neveira e botamos na tixola xunto coa salsa, salteamos durante 5 minutos, sen chegar a dourarse. ncorporamos á tixola as verduras e as améndoas, revolvemos todo ben e engadimos o caldo de polo á mestura. Disolvemos a fariña de millo nun pouco de auga e engadímola tamén.

  5. Deixamos que se coza todo xunto durante 10 minutos a lume medio. Se espesa demasiado, podemos engadirlle un pouco de auga, e se está demasiado líquida, podemos diluír un pouco máis de fariña de millo en auga e engadila.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas