Nesta videoreceta mostrámosvos como preparar de forma sa e fácil a clásica pescada.
Ingredientes
4 toros grandes de pescada
4 cebolas brancas grandes
500g de patacas pequenas peladas
250gr queixo graxo
2 culleradas de azucre moreno
4 culleradas de viño branco
2 culleradas de vinagre de viño
Perexil picado
Aceite de oliva
Sal
Pementa
Elaboración
Pelamos e cortamos as cebolas en medios toros finos. Nunha tixola poñemos un bo chorro de aceite de oliva e salteamos as cebolas ata que estean tenras. Engadimos o viño, o azucre moreno e o vinagre e deixamos que se faga ben a mestura ata que se caramelice.
Lavamos e secamos ben o peixe con papel de cociña. Salpimentamos ao gusto. A continuación, nunha fonte de forno poñemos un bo chorro de aceite de oliva e encima a pescada. Enfornámola a 180ºC durante 15 minutos. Reservamos.
Mentres, cocemos as patacas en auga con sal e un anaco de manteiga ata que estean tenras.
Collemos a fonte coa pescada e cubrimos o peixe coa mestura da cebola caramelizada e o queixo relado.
O gratinamos ata que estea todo ben dourado e servimos. Acompañamos cada toro de pescada coas patacas e un pouco de perexil picado.