A continuación, lavamos as peras e pelámolas. Colocámolas sobre unha fonte de forno.
Esprememos un limón e pintamos as peras con este mollo para que non se oxiden.
Nunha cazola imos preparar o caldo de azucre. Derretimos aproximadamente 65 gramos de manteiga, 6 culleradas de azucre e 2 de canela moída. Mesturamos ben ata conseguir ese caldo de azucre. Vertemos a metade por encima das peras.
Enfornamos a 200ºC durante 20 minutos; e antes de terminar a cocción, botamos o resto do caldo de azucre.