Nun cunco imos machucar o allo, perexil e o ceboliño, agregamos un bo chorro de aceite, sal e a pementa rosa. Deixamos repousar.
Prequentamos o forno a 200 graos. Na bandexa pomos unha base de papel de forno e por riba as cabaciñas cortadas toros. Engadimos un chisco de sal e os filetes da dourada. A continuación, irán os boletus que cortaramos e laminaramos.
Vertemos por riba unhas culleradas do aceite que prepararamos e enfornamos uns 10 minutos.
Servimos. Primeiro poremos unha cama de cabaciñas, por riba o filete de dourada e por último os boletus en láminas. Decoramos con ceboliño.