Limpamos ben os mexillóns. Coa axuda dun coitelo raspamos a cuncha, quitándolle todos os peliños.
Nunha pota grande vertemos 2 dedos de auga e levamos a ebulición. Cando a auga empece a ferver, engadimos os mexillóns e tapamos a pota. Deixamos uns minutos ata que se abran.
Retiramos os mexillóns e deixamos que arrefríen. Coamos a auga e reservamos. Unha vez fríos, imos retirando a cuncha e cortamos a carne dos mexillóns en anaquiños pequenos. Reservamos 6-8 pezas enteiras para decorar.
Noutra cazola, botamos un bo chorro de aceite de oliva, engadimos a cebola e o allo, que cortariamos previamente, e tamén os mexillóns. Unha vez que estea todo dourado, engadimos as 2 culleradas de fariña de millo. Removemos e deixamos uns minutos para que se faga todo ben.
A continuación, incorporamos o caldo de peixe e tamén a auga que utilizamos para ferver os mexillóns. Engadimos o tomate frito e deixamos que ferva todo ben durante 10 minutos.
Cunha batedora, trituramos todo e despois coámola para que quede a crema moito máis fina.
Servimos quente e poñémoslle uns mexillóns a cada prato de decoración.