Lavamos o brócoli, as cenorias e o pemento vermello. Cortamos en anacos pequenos. As dúas primeiras imos ferver en auga cun bo chorro de aceite de oliva e sal. Unha vez cocidas, retiramos.
Salteamos o brócoli, as cenorias e o pemento vermello nunha tixola cun pouco de aceite de oliva. Engadimos o allo picado, salpimentamos ao gusto e removemos ata que estea todo ben dourado. Reservamos.
Sazonamos os dous toros de rodaballo fresco e cocemos ao vapor durante 10-15 minutos. Retiramos e servimos.
Acompañamos o rodaballo coas verduras e unhas febras de azafrán, a modo de decoración, que lle darán un bo resaibo final.