Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Cocido galego

O cocido é un dos pratos máis tradicionais da cociña española e cada comunidade autónoma ten a súa forma particular de preparalo. Aquí imos elaborar o tradicional de Galicia.

Cocido galego

O cocido é un dos pratos máis tradicionais da cociña española e cada comunidade autónoma ten a súa forma particular de preparalo. Aquí imos elaborar o tradicional de Galicia.

Ingredientes

  • 1 cachucha
  • 1 jarrete de tenreira galega
  • 1 costela
  • 8 chourizos
  • 2 orellas de porco salgadas
  • 1/2 lacón
  • 1 quilo de garavanzos
  • 1 quilo de patacas galegas
  • 2 repolos grandes ou grelos
  • Auga
  • sal

Elaboración

  1. 12 horas antes de preparar o cocido poñeremos a remollo a costela salgada, a cachucha, o lacón, a orella e tamén os garavanzos.
  2. O día que preparamos o cocido, poñemos unha pota grande con auga a cocer. Cando a auga estea a ferver engadimos os garavanzos, despois incorporamos a carne de porco: cachucha, costela, orella e lacón e tamén a carne de tenreira. Deixamos que se coza todo a lume medio durante 2 horas. Salgamos un pouco.
  3. Noutra pota, cocemos os repolos ou grelos, o que prefiramos, e engadimos as patacas e os chourizos. Deixamos que se faga todo uns 15-20 minutos e apagamos o lume para que repouse.
  4. Pasado o tempo indicado, imos retirando as carnes da pota e ímolas colocando nunha fonte de servir. As carnes irán nunha bandexa e a verdura noutra xunto coas patacas e os chourizos.
  5. Servimos.
  6. Outro prato riquísimo que sae deste é preparar unha sopa coa auga do caldo deste cocido. Esperamos a que ferva a auga e engadimos a pasta.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas