É un bolo de pan doce moi tenro e de sabor moi parecido á rosca de Reis.
Ingredientes
500g de fariña de forza
25g de fermento
100ml de auga
3 ovos
180g de azucre
ralladura de laranxa
aceite de oliva
azucre
fideos de cores
Elaboración
Nun bol, engadimos a fariña e o fermento. Facemos un oco no medio e incorporamos os 3 ovos, o aceite, a ralladura de laranxa e o azucre. Mesturamos todo ben.
Amasamos esa masa durante uns 10 minutos ata que estea elástica, e facemos unha bóla. A amasamos un pouco máis e poñémola a repousar nun bol con fariña ao redor. Tapámola cun pano e deixamos levedar durante un par de horas.
Cando a masa fermentase, a amasamos un pouco máis, e cortámola en 4 anacos. Facémoslles forma de bólas e cos dedos facémoslle un oco no medio, onde colocaremos un ovo, que cocésemos previamente.
Colocamos as bólas nunha bandexa de forno e deixámolas fermentar durante unha hora. Sacamos as bólas que decoraremos con fideos de cores e quentamos o forno a 180ºC. Unha vez que o forno estea quente, metemos as bólas e deixámolas cocer durante 20 minutos.
Sacamos do forno e deixamos que arrefríen ata de consumir.