Cortamos todas as verduras en anacos pequenos, preferiblemente á xuliana. A cebola en aros.
A continuación, faremos a mestura da tempura. Batemos os ovos con auga moi fría e logo engadimos a fariña. Mesturamos ben ata crear unha masa semilíquida.
O truco é que a auga estea moi fría, de neveira, se pode ser, arrefriada mesmo con cubitos de xeo.
Unha vez lista, utilizámola enseguida.
Imos rebozando cada peza de verdura nesta masa e, a continuación, fritimos.
Para fritir, utilizaremos unha tixola con abundante aceite de xirasol, e moi quente, a 180º C.
Fritiremos pouca cantidade cada vez, ata que estean douradas.