Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Bacallau Skrei con pisto de cabaciña

O Bacallau Skrei é unha das variedades de bacallau fresco de Noruega máis valorado na actualidade polo seu sabor intenso e carne máis zumarenta.

Bacallau Skrei con pisto de cabaciña

O Bacallau Skrei é unha das variedades de bacallau fresco de Noruega máis valorado na actualidade polo seu sabor intenso e carne máis zumarenta.

Ingredientes

  • 1 quilo de bacallau Skrei fresco
  • 1 cebola doce
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde
  • 1 cabaciña
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Tomate natural torado, bote de 390g

Elaboración

  1. Limpamos e toramos todas todas as verduras para preparar o pisto
  2. Nunha tixola grande, poñemos un bo chorro de aceite de oliva no fondo, e engadimos a cebola. Cando estea dourada, engadimos as verduras e deixamos que rehoguen.
  3. A continuación, engadimos o tomate natural torado e deixamos que se faga todo durante 5 ou 10 minutos. Engadimos sal.
  4. Retiramos o pisto e reservámolo.
  5. Na mesma tixola e co aceite do pisto, fritimos os filetes de bacallau a lume forte durante 5 minutos. Dámoslle volta. Podemos tapar a tixola, con iso conseguiremos que o bacallau quede máis zumento grazas ao vapor que desprende.
  6. Servimos. Para iso poñemos o lombo de bacallau acompañado do pisto e se nos apetece tamén dunhas patacas fritas cortadas en toros.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas