Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Verduras en tempura

É o rebozado de moda que permite pratos lixeiros e crocantes, afastados dos fritos graxentos.

Verduras en tempura

É o rebozado de moda que permite pratos lixeiros e crocantes, afastados dos fritos graxentos.

Ingredientes

  • 1 tomate
  • 1 cabaciña
  • 1 cenoria
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde
  • 1 cebola
  • 500g de fariña de tempura
  • 500ml de auga
  • 2 ovos
  • Aceite de xirasol

Elaboración

  1. Cortamos todas as verduras en anacos pequenos, preferiblemente á xuliana. A cebola en aros.
  2. A continuación, faremos a mestura da tempura. Batemos os ovos con auga moi fría e logo engadimos a fariña. Mesturamos ben ata crear unha masa semilíquida.
  3. O truco é que a auga estea moi fría, de neveira, se pode ser, arrefriada mesmo con cubitos de xeo.
  4. Unha vez lista, utilizámola enseguida.
  5. Imos rebozando cada peza de verdura nesta masa e, a continuación, fritimos.
  6. Para fritir, utilizaremos unha tixola con abundante aceite de xirasol, e moi quente, a 180º C.
  7. Fritiremos pouca cantidade cada vez, ata que estean douradas.
  8. Servimos.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas