Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad
Reproducir vídeo

Tronco de biscoito de laranxa

Este biscoito rico e esponjoso ten un gran sabor grazas ao toque da laranxa.

Tronco de biscoito de laranxa

Reproducir vídeo
Este biscoito rico e esponjoso ten un gran sabor grazas ao toque da laranxa.

Ingredientes

  • 100 g de fariña de trigo
  • 4 ovos
  • 100 g de azucre
  • zume dunha laranxa
  • casca dunha laranxa
  • 1 cucharadita de fermento en po
  • 50 g de margarina

Elaboración

  1. Separamos as xemas das claras. Batemos as claras a piques de neve e reservamos na neveira.
  2. Cunha batedora batemos as xemas xunto co azucre e a ralladura de laranxa ata obter unha mestura cremosa. Engadimos a margarina e o zume de laranxa, e removemos constantemente. A continuación, engadimos a mestura da fariña e o fermento en po. Por último, incorporamos con coidado as claras de ovo cunha espátula.
  3. Forramos unha bandexa de forno (36 x 30 cm) con manteiga e papel de forno e estendemos a masa por encima coa axuda dunha espátula.
  4. Enfornamos a 180°C durante uns 15 minutos ata que se doure.
  5. Cando o biscoito estea feito sacámolo do forno e espolvoreamos azucre en po ou azucre glasé.
  6. Colocamos un pano sobre o pastel e dámoslle a volta. Retiramos a bandexa e despegamos con coidado o papel.
  7. Cortamos os bordos do pastel cun coitelo. Coa axuda do pano, facemos rodar coidadosamente o pastel dun lado a outro.
  8. Cando xa teña forma de tronco, colocámolo nunha bandexa e servimos en anacos.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas