Nunha bolsa estilo as de conxelación engadimos o zume de 2 laranxas, unhas ramas de romeu, unha culler de azucre moreno e dúas culleres de aceite de oliva virxe extra. Engadimos os dous traseiros de polo e pechamos a bolsa.
Deixamos macerar durante 30 minutos.
Nunha bandexa de forno, poñemos no fondo un bo chorro de aceite de oliva, a cebola e os dentes de allos en láminas e uns 100cl de caldo de polo. Engadimos os traseiros de polo, todo o contido da bolsa e salpimentamos ao gusto.
Enfornamos durante uns 50 minutos. Cando falten 25 minutos, incorporamos as patacas enteiras estilo «baby» e os champiñóns enteiros.