Primeiro imos cocer os ovos. Poñémolos nunha cazola e fervemos durante 10 minutos.
Retirámolos do lume e deixamos arrefriar. Quitámoslle a casca, cortamos pola metade e separamos as xemas. Reservamos as claras.
Nun bol, mesturamos as xemas con catro culleradas de maionesa e unha de mostaza de Dijón. Engadimos salmón afumado ben picado e mesturamos todo ben, ata conseguir unha crema.
A continuación, enchemos as metades de cada ovo duro con esta mestura e unha lámina de salmón.