Vídeo receita. Unha hamburguesa vegana onde se substitúe a tradicional carne picada por vexetais.
Ingredientes
300g de lentellas cocidas.
200 g de quinoa cocida.
Pan relado, con ou sen glute.
1 cenoria.
2 allos porros.
1 pemento vermello.
2 culleradas de cebola frita seca.
4 culleradas de pan relado.
Sal.
Pementa negra
Aceite de oliva virxe extra.
Elaboración
Mesturamos nun bol a quinoa e as lentellas cocidas previamente.
Pelamos e relamos a cenoria. Lavamos e partimos o pemento e os allos porros.
Poñemos unhas 3 culleradas de aceite de oliva a quentar nunha tixola. Cando estea quente incorporamos as verduras partidas e deixamos pochar uns minutos. Salpimentamos e removemos ben. Retiramos do lume.
Engadimos as verduras ao bol das lentellas e a quinoa. Engadimos tamén a cebola frita e o pan relado, que pode ser con ou sen glute. Mesturamos ben ata lograr unha mestura homoxénea.
Imos collendo bólas de masa e dámoslles forma de hamburguesa, tratando de compactar ben para que logo non se nos rompan.
Quentamos unha tixola cun pouco de aceite e fritimos as hamburguesas, un par de minutos por cada lado.