Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Ensalada rusa de Nadal

Esta ensalada rusa, tan típica do verán, pódese incorporar ao menú de Nadal como entrante.

Ensalada rusa de Nadal

Esta ensalada rusa, tan típica do verán, pódese incorporar ao menú de Nadal como entrante.

Ingredientes

  • 500g de patacas
  • 1 cenoria grande
  • 2 ovos
  • 1 latexe atún claro en aceite de oliva
  • 1 bote de maionesa
  • 100g de chícharos
  • 100g de xudías redondas
  • Aceite de oliva
  • Sal

Elaboración

  1. Cortamos en anacos, estilo cadrado, as patacas e a cenoria.
  2. En dúas cazolas poñemos auga a ferver. Nunha, poñeremos os ovos e na outra as patacas, coa cenoria, os chícharos e as xudías xunto cun bo chorro de aceite de oliva e sal.
  3. Aos 15 minutos, os ovos estarán listos, e aos 25 as verduras. Retiramos todo do lume e escorremos.
  4. Nun bol poñemos todos os ingredientes, picamos os ovos xunto co atún, e mesturamos todo ben. Engadimos maionesa ao gusto.
  5. Servimos.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas