Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Bacallau Skrei ao forno con verduriñas

Outra forma de preparar o bacallau, moi saudable e rápida.

Bacallau Skrei ao forno con verduriñas

Outra forma de preparar o bacallau, moi saudable e rápida.

Ingredientes

  • 1 filete de bacallau Skrei duns 200g
  • 3 patacas
  • 1 brócoli
  • 5 tomates cherry
  • 1 coliflor
  • 100g de champiñóns
  • 1 cebola
  • 1 limón
  • Sal
  • Pementa
  • aceite de oliva extra

Elaboración

  1. Prequentamos o forno a 180ºC.
  2. Mentres, poñemos a cocer as verduras. Nunha ola poñemos anacos pequenos do brocoli e a coliflor cun pouco de sal e un bo chorro de aceite de oliva. Levamos a ebulición. Unha vez listas, retiramos e reservamos.
  3. Nunha fonte de cociña, poñemos unha base cun cebola en toros e as patacas, tamén cortadas en toros. A continuación, colocamos o filete de bacallau, o brocoli, a coliflor, os tomates cherry e os champiñóns frescos cortados en láminas. Salpimentamos ao gusto e engadimos un bo chorro de aceite de oliva.
  4. Introducimos no forno e deixamos cocer durante 25 minutos.
  5. Servimos o bacallau acompañado das verduriñas e as patacas. Podemos engadirlle un bo chorro de zume de limón.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas