Primeiro enfariñamos os filetes de bacallau e, a continuación, fritímolos en aceite de oliva ben quente. Retiramos o peixe e reservamos.
Picamos a cebola e o pemento vermello e incorporámolos á tixola xunto co tomate natural triturado e o viño. Salpimentamos ao gusto e deixamos que se faga durante quince minutos.
Pasado ese tempo, incorporamos os filetes de peixe e deixamos cocer uns minutos máis.
Servimos coa salsa de tomate e se queremos, podemos acompañalo tamén dun arroz en branco.