Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad
Reproducir vídeo

Torta de mazá

Un clásico da repostería. Fácil e sinxela, con ingredientes tan básicos como unhas mazás de tempada.

Torta de mazá

Reproducir vídeo
Un clásico da repostería. Fácil e sinxela, con ingredientes tan básicos como unhas mazás de tempada.

Ingredientes

  • Para a masa:
  • 3 cuncas de fariña de trigo
  • 2 ovos
  • 125 gr de manteiga sen sal
  • 1 chisco de sal
  • Para o recheo:
  • 500g de mazás de tempada
  • 100 gr de azucre moreno
  • 1 limón
  • 1 chisco de sal
  • Canela en po
  • 1 chisco de extracto de vainilla e anís (opcional)

Elaboración

  1. Preparamos la masa. Mesturamos a fariña, os ovos, a manteiga e o sal e amasamos. Envolvémola con plástico transparente e deixámola repousar uns 30 minutos na neveira.
  2. Retirámola e estiramos a metade da masa nunha fonte para forno e poñemos algunhas fabas encima para evitar que suba. Enfornamos a 200 graos ata que empezo a ter cor. Sacámola do forno e reservamos.
  3. Para o recheo: lavamos, pelamos e cortamos as mazás. Depositámolas nun bol, e botamos o zume de medio limón, a canela, e os extractos de anís e vainilla. Engadimos tamén azucre moreno. Mesturamos todo ben, tapamos o bol con filme transparente e deixámolo arrefriar na neveira durante 2 horas.
  4. Retiramos o bol da neveira e botamos a mestura encima da masa.
  5. Coa outra metade da masa e coa axuda dun cortador de pizza, recortamos tiras alongadas que despois poñeremos por encima en forma de reixa. Enfornamos a 200 graos durante aproximadamente uns 40 minutos. Retiramos. Mellor consumila a temperatura ambiente.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas