Nunha tixola engadimos 3 culleradas de aceite de oliva e os filetes de salmón. Salpimentamos ao gusto e dourámolos por ambos os lados. Deixamos que se fagan. Cando os teñamos, retiramos da tixola e reservamos.
Na mesma tixola engadimos un par de culleradas de manteiga,4 dentes de allo picados,media cebola grande cortada fina e un chorrito de viño branco.Esperamos a que reduza eengadimos 5 tomates deshidratados cortados. Salteamos un par de minutos a lume suave.
Engadimos 200 ml de nata de cociñar e deixamos reducir un par de minutos. Salpimentamos de novo se o consideramos necesario.
Engadimos as espinacas frescas (2 puñados) e deixamos que se fagan. Removemos de cando en vez.
Cando as espinacas estean feitas e a salsa reducida, engadimos o salmón que tiñamos reservado e unhas olivas verdes e negras.
Deixamos que todo volva coller temperatura e apagamos o lume.