É un pan doce típico de Italia polo Nadal, cuxa receita é laboriosa: require de 1 prefermento e dúas masas.
Ingredientes
Prefermento:
90g de fariña
185ml de auga
7g de fermento en po
Masa 1:
45g de manteiga
30g de azucre
2 ovos
135g de fariña
Masa 2:
90g de manteiga
90g de azucre
1 ovo
3 xemas
2 culleradas de mel
275g de fariña
7g de sal
135g de pasas
35ml de ron
90g de laranxa escarchada
1 vainilla en rama
1 laranxa
1 limón
Elaboración
Preparamos o prefermento. Nun bol poñemos o fermento, engadimos a auga amornada e a fariña. Removemos ben e deixámolo en repouso 60 minutos.
Para a masa 1, nun bol mesturamos a manteiga e o azucre, e batemos. Engadimos os ovos, batemos outra vez e a continuación o prefermento. Removemos e incluímos a fariña. Deixamos repousar a mestura entre 10 e 12 horas.
Preparamos as pasas. Nun tupper engadímoslles o ron, tapamos e deixámolas macerar durante polo menos 5 horas.
Para a masa 2. Necesitaremos unha amasadora. Mesturamos a manteiga, o azucre, un ovo e as tres xemas. Batemos todo e engadimos a vainilla, a ralladura de limón e laranxa, mel, a masa 1 e batemos todo de novo. Engadimos outra vez fariña, sal, laranxa escarchada, e as pasas hidratadas. Batemos de novo todo outra vez ben.
Unha vez feita esta masa final, imos deixar repousar 2 horas.
Amasamos. Botamos a masa sobre a mesa, a amasamos e dividimos en 2 bólas. Introducimos cada unha no seu molde, facémoslles uns cortes na parte superior e deixámolos repousar entre 2 e 3 horas.
Prequentamos o forno a 170ºC. E cocemos durante 35-40 minutos.
Sacamos do forno e deixámolos repousar. Ao cabo dunhas horas, estarán listos para consumir.