Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Polo de curral recheo ao forno

Un clásico da cociña, pero en Nadal engadímoslle un recheo moi especial de noces, mazá e dátiles. Umm que saboroso

Polo de curral recheo ao forno

Un clásico da cociña, pero en Nadal engadímoslle un recheo moi especial de noces, mazá e dátiles. Umm que saboroso

Ingredientes

  • 1 polo de curral de 2 quilos
  • 250g de carne picada
  • 1 cebola
  • 3 dentes de allo
  • 1 mazá Golden
  • 1 pemento vermello
  • 25g de noces
  • 25g de dátiles
  • aceite de oliva
  • sal e pementa
  • 1 limón
  • pemento doce
  • viño branco
  • romeu

Elaboración

  1. Pelamos e cortamos os allos e as cebolas e poñémolas a refogar nunha tixola cun chorro de aceite de oliva. A continuación, engadimos o pemento vermello cortado en tiras. Cando estea todo dourado, incorporamos a carne picada e a mazá que previamente se partiu. Engadimos un pouco de sal.
  2. Cando a carne adquira cor, engadimos os dátiles e as noces en anacos pequenos. Removemos ben, e cando estea listo, retiramos do lume e reservamos.
  3. Nun bol pequeno mesturamos un pouco de sal e pementa. Sazonamos o interior do polo con esta mestura. Seguidamente introducimos o recheo no interior e cosémolo con fío culinario.
  4. Poñemos o forno para prequentar a 200ºC. Mentres tanto, preparamos a salsa coa que imos “pintar” o exterior do polo. Noutro bol picamos as follas de romeu, engadimos o zume de medio limón. Engadimos o pemento doce e un chorro de aceite de oliva. Batemos todo ata que emulsione.
  5. Pincelamos o polo con esta salsa e o sobrante vai á fonte. Vertemos tamén un bo chorro de viño branco.
  6. Enfornamos o polo a 200ºC durante 80 minutos. Durante o enfornado, abrimos e imos botando a salsa cunha culler por encima do polo.
  7. Cando estea ben tostado, retiramos e servimos nunha fonte.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas