Colocamos as follas de xelatina nun recipiente con auga fría durante 5-10 minutos. Separamos as follas entre si antes de introducilas
na auga.
Vertemos a nata e o leite nun cazo e levamos a ebulición. A continuación, baixamos o lume ao mínimo e mantemos 1 minuto máis e
retiramos do lume.
Escorremos ben a xelatina e engadimos á nata e o leite. Batemos toda a mestura ata que se disolva. Vertemos a metade da nata
e o leite na batedora e engadimos a tableta de turrón picada. Mesturamos ben ata obter unha crema fina e homoxénea. Vertemos no molde e reservamos no frigorífico.
Engadimos o chocolate partido ao resto da nata que queda no cazo. Batemos ben ata que o chocolate se derrita e a crema estea
suave. Deixamos arrefriar e vertemos con coidado sobre a mestura de turrón.
Metemos no frigorífico de 3 a 4 horas. A continuación, retiramos a torta a un prato e decoramos ao gusto.