Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad
Reproducir vídeo

Tartaleta de froitas

Tes froita madura na casa e non sabes que facer con ela? Temos unha receita de aproveitamento para ti! 👩‍🍳👌 Prepara unha deliciosa tartaleta coas túas froitas favoritas. Este pastel é moi fácil de facer e o resultado encantarache!

Tartaleta de froitas

Reproducir vídeo
Tes froita madura na casa e non sabes que facer con ela? Temos unha receita de aproveitamento para ti! 👩‍🍳👌 Prepara unha deliciosa tartaleta coas túas froitas favoritas. Este pastel é moi fácil de facer e o resultado encantarache!

Ingredientes

  • 1 masa de follado
  • 4 ovos
  • 1/2 l de leite
  • 40 g de maicena
  • aroma de vainilla
  • 30 g de azucre
  • 1 pau de canela
  • 2-3 anaquiños de casca de limón
  • Froitas de aproveitamento

Elaboración

  1. Comezaremos vertendo nunha cacerola o leite frío e a maicena. Disolvemos.
  2. A continuación, engadimos a canela e os anacos de limón. Revolvemos e engadimos un chorriño de aroma de vainilla. Posteriormente, agregamos tamén os catro ovos e revolvemos.
  3. Acendemos o lume e quentamos a mestura. Revolveremos ata que estea espesa.
  4. Retiramos do lume. Engadimos o azucre e mesturamos.
  5. Unha vez lista a crema, pasaremos a preparar a masa da nosa tartaleta. Expandiremos a nosa masa de hojadre Froiz sobre un molde redondo, eliminando os sobrantes.
  6. Prequentamos o forno a 180º. Mentres, aproveitaremos para pelar e cortar as froitas.
  7. Cando a crema que preparamos amornouse, colocarémola no molde, sobre o follado. Expandimos uniformemente.
  8. Por encima, colocaremos as froita cortada. Podes facelo da maneira que máis che guste!
  9. Pasamos a tartaleta ao forno. Cociñarémola durante aproximadamente 40 minutos a 180º.
  10. Se o desexamos, podemos darlle un toque final engadindo azucre glasé. Lembra! Non cortes a tartaleta ata que estea completamente fría.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas