Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Salmón á toscana, con espinacas e tomates secos

Nesta receita de salmón faremos unha crema con espinacas, allo e tomates secos que lle achegarán unha gran intensidade de sabor.

Salmón á toscana, con espinacas e tomates secos

Nesta receita de salmón faremos unha crema con espinacas, allo e tomates secos que lle achegarán unha gran intensidade de sabor.

Ingredientes

Elaboración

  1. Nunha tixola engadimos 3 culleradas de aceite de oliva e os filetes de salmón. Salpimentamos ao gusto e dourámolos por ambos os lados. Deixamos que se fagan. Cando os teñamos, retiramos da tixola e reservamos.
  2. Na mesma tixola engadimos un par de culleradas de manteiga,4 dentes de allo picados,media cebola grande cortada fina e un chorrito de viño branco.Esperamos a que reduza eengadimos 5 tomates deshidratados cortados. Salteamos un par de minutos a lume suave.
  3. Engadimos 200 ml de nata de cociñar e deixamos reducir un par de minutos. Salpimentamos de novo se o consideramos necesario.
  4. Engadimos as espinacas frescas (2 puñados) e deixamos que se fagan. Removemos de cando en vez.
  5. Cando as espinacas estean feitas e a salsa reducida, engadimos o salmón que tiñamos reservado e unhas olivas verdes e negras.
  6. Deixamos que todo volva coller temperatura e apagamos o lume.
  7. Xa o temos listo para servir.

 

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas