Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Potaxe de garavanzos con bacallau

Esta é a receita da clásica potaxe de Vixilia, que neste caso elaboramos con bacallau.

Potaxe de garavanzos con bacallau

Esta é a receita da clásica potaxe de Vixilia, que neste caso elaboramos con bacallau.

Ingredientes

  • 250 g de garavanzos crus
  • 300 g de espinacas frescas
  • 500 g de bacallau desalado
  • Pemento vermello
  • 400 ml de caldo de verduras ou peixe
  • 2 tomates medianos
  • 1 allo porro
  • 1 cebola
  • 2 cenorias
  • 2 dentes de allo
  • 4 ovos
  • Pemento
  • sal
  • Pementa negra
  • Aceite de oliva

Elaboración

  1. O día anterior poñeremos en remollo os garavanzos para que se hidraten e no día de preparar a receita cocémolos. Nunha pota engadimos auga, sal e un bo chorro de aceite de oliva. Deixámolos cocer durante 20 minutos. Noutra pota, coceremos os catro ovos.
  2. Cortamos o bacallau en anacos pequenos, a espinacas e picamos ben a cebola, as cenorias, medio pemento vermello, o allo porro e os 2 dentes de allo.
  3. Nun pota, poñeremos no fondo un bo chorro de aceite de oliva e sofritimos todo o anterior. Cando estea todo dourado, engadimos os dous tomates cortados e o caldo que pode ser de verduras ou de peixe. Engadimos o pemento e deixamos cocer a lume medio durante 15 minutos. A continuación engadimos as espinacas, deixamos facer durante 2 ó 3 minutos e por último, o bacallau en anacos. Deixamos cocer todo durante outros 10 minutos.
  4. Servimos con con os ovos cocidos cortados, un bo chorro de aceite de oliva e pemento.

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas