Un clásico, mesmo en Nadal, sobre pan tostado ou toro de cabaciña.
Ingredientes
200g de gambas peladas conxeladas
pan tostado en formato mini biscottes
1 cabaciña
Crema de queixo de untar cremoso
Sal
ceboliño
Elaboración
Imos preparar unha bandexa de canapés de gambas tradicionais, pero a metade farémolas sobre pan tostado e a outra metade, sobre unha cama de cabaciña.
Primeiro, entón, cortamos a cabaciña en toros. A continuación fritímolas nunha tixola cun pouquiño de aceite de oliva e sal. Reservamos.
Collemos as gambas peladas e cocémolas con sal.
Deixamos arrefriar e reservamos.
Preparamos os canapés. Nunha bandexa imos colocando pan tostado en formato mini biscotte e tamén os toros de cabaciña. Engadimos a crema de queixo para untar, ao gusto, unha gamba e ceboliño picado.