Limpamos e toramos todas todas as verduras para preparar o pisto
Nunha tixola grande, poñemos un bo chorro de aceite de oliva no fondo, e engadimos a cebola. Cando estea dourada, engadimos as verduras e deixamos que rehoguen.
A continuación, engadimos o tomate natural torado e deixamos que se faga todo durante 5 ou 10 minutos. Engadimos sal.
Retiramos o pisto e reservámolo.
Na mesma tixola e co aceite do pisto, fritimos os filetes de bacallau a lume forte durante 5 minutos. Dámoslle volta. Podemos tapar a tixola, con iso conseguiremos que o bacallau quede máis zumento grazas ao vapor que desprende.
Servimos. Para iso poñemos o lombo de bacallau acompañado do pisto e se nos apetece tamén dunhas patacas fritas cortadas en toros.