Os lagostinos poden ser frescos ou conxelados, o que se prefira. Os imos cocer. Nunha cazola poñemos 1/2 litro de auga fría, loureiro e sal, e cando empezo a ferver, botamos os lagostinos e deixámolos cocer durante 10 minutos. Retiramos e deixamos arrefriar.
Pelamos os aguacates e mesturámolos coa nata líquida, un chisco de sal e un bo chorro de zume de limón. Batemos aos poucos coa batedora e imos vendo a consistencia que vai collendo.
Preparamos os vasos. En cada un deles, poñeremos como basee un ou dous lagostinos, a continuación, o aguacate, e por último, outra unidade de lagostino.