É un prato típico da cociña italiana similar á tradicional sopa de verduras española, moi en valor nas dietas vegetarianas. Os ingredientes máis comúns son pasta, cabaciña, ceboliña, apio, cenorias e tomates.

Picamos a ceboliña e o tomate. Relamos a cenoria e cortamos o apio
Partimos a cabaza, a cabaciña e o brócoli.
Quentamos 3 culleradas de aceite nunha cazola, engade a ceboliña e sofritimos 5 min a lume lento.
Engadimos o tomate e refogamos durante uns 10 minutos. Vertemos un litro de auga e engadimos o apio, a cenoria e unha folla de loureiro lavada. Sazonamos e deixamos que se coza todo a lume medio durante 15 minutos.
Agregamos o brócoli, a cabaciña, a cabaza, a pasta e as fabas xa cocidas e cocemos uns 15 min máis, ata que a pasta estea xa feita.
Un pouco antes de terminar, agregamos unhas follas de albáfega e o queixo relado. Removemos e retiramos.
Antes de servir, deixamos repousar a sopa durante uns 3-4 minutos.