Unha receita ideal para o almorzo ou merenda, rápida e equilibrada.
Ingredientes
2 plátanos maduros
1 plátano
1 cunca de amorodos
1/2 aguacate
1/2 litro de bebida vexetal
Sementes de sésamo
Elaboración
No vaso dunha licuadora ou batedora engadimos os plátanos, amorodos, o 1/2 aguacate e o leite vexetal.
Licuamos ata obter un líquido cremoso e espeso. Se o queremos máis espeso, reducimos a cantidade de leite ou máis líquido aumentamos a cantidade de leite.
Vertemos o batido nun bol de almorzo e decoramos ao gusto. No noso caso con amorodos, plátanos e sementes de sésamo.