Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad

Potaxe de garavanzos con espinacas ao pemento

Un prato con moito sabor pero, sobre todo, saudable grazas á achega en fibra, ferro e proteínas.

Potaxe de garavanzos con espinacas ao pemento

Un prato con moito sabor pero, sobre todo, saudable grazas á achega en fibra, ferro e proteínas.

Ingredientes

  • 400g de garavanzos ao natural ou cocidos
  • 400g de espinacas ao natural ou cocidas
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Pemento doce
  • sal
  • 2 ovos

Elaboración

  1. Primeiro prepararemos os garavanzos. Se xa están cocidos, utilizarémolos directamente. Se pola contra, comprámolos naturais, deberemos cocelos. Poñémolos en remollo durante un mínimo de 4 horas, aínda que o ideal é unha noite enteira. A continuación, nunha cazola grande poñemos auga a ferver con sal e un bo chorro de aceite de oliva virxe extra. Aos 20 minutos, cando estean brandos, retiramos e reservamos.
  2. Preparamos agora un pequeno sofritido. Nunha tixola poñemos un bo chorro de aceite de oliva virxe extra e as 2 cabezas de allo e a cebola, que picariamos previamente. Cando estea todo dourado incorporamos as espinacas. No noso caso, terémolas xa cocidas. Removemos ben.
  3. A continuación, engadimos un cullerada de pemento doce e removemos. Incorporamos os garavanzos. Incorporamos os garavanzos.
  4. Salteamos todo durante uns minutos. Podemos engadir sal ao gusto.
  5. Servimos. O ideal é acompañar a este prato duns ovos cocidos. Umm que rico…!

RECEITAS RELACIONADAS

Receitas relacionadas

Subscríbete as nosas novidades e ofertas