Video Receita: Un prato moi típico da cociña tradicional chinesa con carne de vacún de primeira calidade.
Ingredientes
250 g de croca-cadeira de Tenreira Galega
100 ml de viño branco
100 ml de salsa de soia
1 dente de allo
1 cullerada de maicena
2 paquetes de fideos chineses
1 pemento verde
1 pemento amarelo
50g anacardios
Elaboración
Nun bol poñemos a croca-cadeira de Tenreira Galega que cortaramos en tiras, engadimos 100ml de viño branco, 100ml de salsa de soia, 1 dente de allo e 1 cullerada de maicena ou fariña de millo e deixamos marinar durante 30 minutos.
Nun cazo con auga ao lume cocemos 2 paquetes de fideos chineses e reservamos.
Partimos 1 pemento verde e outro amarelo. Deixamos pochar. Nunha tixola, douramos os 50 gr de anacardios e reservamos.
Engadimos a tenreira e cociñamos durante 5 minutos.
Acompañamos cos fideos chineses e unha pouco da auga de cocer os fideos.
Acompañamos cos fideos chineses e unha pouco da auga de cocer os fideos.