A empresa Froiz repite colaboración co Concello de Poio (Pontevedra) na organización e desenvolvemento do certame de hostalería TapeaPoio cuxo obxectivo é dinamizar o sector da restauración desta localidade e que os seus habitantes e visitantes redescubren os locais de hostalería local a través das súas propostas gastronómicas en formato tapa.
Durante o evento entregáronse os galardóns do público e do xurado aos establecementos gañadores, así como máis de corenta premios sorteados entre as persoas que degustaron e valoraron as distintas tapas. O obxectivo é recoñecer o talento e o esforzo dos 20 establecementos participantes, os cales presentaron un total de 24 propostas gastronómicas, alén da implicación de veciños e visitantes que degustaron máis de 5.000 tapas.
Esta III edición de TapeaPoio converteuse nunha auténtica festa para honrar ao sector turístico e gastronómico local, e reivindicar o seu papel como un dos grandes referentes culinarios das Rías Baixas.