Folletos
Recetas
Noticias
Empresa
Empleo
Sostenibilidad
sanxenxo fachada noticia

Novo supermercado Froiz en Sanxenxo con máis metros, surtido comercial e aparcadoiro para clientes

A localidade turística de Sanxenxo (Pontevedra) acolle a apertura dun novo supermercado Froiz que ofrece calidade, bos prezos e unha ampla variedade en produtos frescos, de tempada, marcas líderes e produto Froiz. Incorpora como novidade unha sección de pratos preparados e café. Nela, o cliente atopará diariamente comida caseira que pode levar ou degustar no propio local. Os profesionais Froiz son os que elaboran diariamente os pratos que se poñen á venda. Conta tamén con servizo de café e refrescos para levar ou tomar.

O supermercado conta cunha superficie comercial de 2.125 metros cadrados e aparcadoiro gratuíto para clientes con capacidade para 80 prazas de aparcamento e punto de recarga de coches eléctricos. Este supermercado ofrece unhas instalacións cómodas e modernas, tanto para traballadores como clientes, e un equipamento máis eficiente que unha tenda convencional.

Conta coas seccións de frescos de venda asistida tradicional: carnicería, charcutería, frutería e peixaría, ademais das seccións dedicadas a alimentación xeral, adega, droguería, refrixerados e conxelados. Dispón de máquina de zume de laranxa recentemente espremido, publicidade dinámica a través de pantallas Led, servizo a domicilio, compra en liña e caixas rápidas.

Neste novo establecemento Froiz traballan 40 profesionais de alimentación para ofrecer un bo servizo e atención. O horario é continuo de luns a sábado.

✔️2.125 metros cadrados de superficie comercial
✔️Pratos preparados e cafetería
✔️Servizo a domicilio
✔️Compra en liña
✔️Aparcamento para clientes
✔️Cargadores eléctricos
✔️Ampla variedade en frescos, marcas líderes e marca Froiz

#Froiz, calidade, servizo e atención.

COMPARTIR

Subscríbete as nosas novidades e ofertas